A Radio Galega é a emisora que máis sobe en Galicia, segundo os datos da segunda onda do Estudo Xeral de Medios publicados este martes. Con 123.000 oíntes de luns a domingo, Radio Galega medra un 19% con respecto á primeira onda deste 2024.

Tamén sobe de forma exponencial Radio Galega Música, chegando aos 19.000 oíntes de luns a domingo, o que supón un incremento do 111,11% con respecto ao período anterior. Así, o conxunto das emisoras de radio da CRTVG alcanza os 142.000 oíntes durante toda a semana, o que supón un incremento do 26% da súa cota de audiencia.

O dato da Radio Galega, nesta segunda onda do EXM, é especialmente significativo se o comparamos coa situación da radio xeralista, que apenas medra un 0,3% neste período. A Radio Galega é a canle pública ou privada que máis medra en Galicia, e é a única pública de Galicia que medra, quintuplicando en audiencia a outra emisora pública que emite no país.

TVG canle líder en Galicia

Televisión de Galicia segue a ser a canle máis vista en Galicia e tamén entre as televisións autonómicas. A TVG medra ata o 21,4% de cota de pantalla no conxunto da semana, o que significa 8 puntos máis de share que o seguinte competidor privado e o dobre que a outra canle pública, La1 (10,8%).

Os galegos elixen TVG para informarse na franxa das mañás, cun 18,6% ao mediodía e á noite. No mediodía (entre as 13:00 e as 17:00 h), destaca especialmente o bloque do ‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Mediodía’, en que a TVG acada o 33,9% de cota de pantalla con picos de audiencia do 45% no Telexornal.

O EXM salienta tamén que no prime time, a franxa de maior consumo da xornada, TVG acada un 17,8% de cota media, superando en 5,8 puntos a Telecinco. Por días da semana, destaca a audiencia acadada os xoves (22,7%), venres (31,3%) e domingos (26,4%).

Entre as televisións autonómicas reunidas na FORTA, a Televisión de Galicia é tamén a máis vista todos os días da semana, superando en cinco puntos as seguintes canles máis vistas da Federación de Organismos Autonómicos.

En este artículo

Iniciar conversación

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.