181.000 oíntes escoitan cada día a Radio Galega de luns a venres, o que supón un incremento do 38% respecto á última onda do Estudo Xeral de Medios. É o sexto mellor dato da historia da Radio Galega.

E históricas son tamén as cifras do grupo de emisoras públicas. Entre Radio Galega e Radio Galega Música supérase a barreira dos 200.000 oíntes, chegando aos 205.000 oíntes de luns a venres, un incremento do 35% respecto ao ano anterior.

A Radio Galega rexistra, así, o maior incremento de audiencias respecto á súa competencia en Galicia, liderando cada día a oferta radiofónica na comunidade.

Histórico dato das audiencias das emisoras públicas de Galicia. Radio Galega e Radio Galega Música suman 205.000 oíntes de luns a venres, segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios, coñecida este mércores. De luns a domingo, a audiencia total de ambas é de 176.000 persoas, o que supón un incremento do 38.000 oíntes de luns a venres e do 3,5 por cento.

Radio Galega logra 181.000 oíntes de luns a venres e medra un 38 por cento con respecto á onda anterior. De luns a domingo suma 151.000 oíntes, é dicir, case un 19 por cento máis ca no mes de xuño. Con respecto a hai un ano, a Radio Galega incrementou 50.000 oíntes de luns a venres, un 38 por cento, e 22.000 de luns a domingo, un 17,05 por cento.

Radio Galega Música acada nesta onda do EXM 25.000 oíntes de luns a domingo e 24.000 de luns a venres. Aumenta a súa audiencia con respecto a hai un ano nun 61 por cento de luns a domingo.

Programas

O Galicia por diante suma 125.000 oíntes, o dobre que hai un ano, segundo a onda do EXM deste mes de novembro. Na franxa informativa de Xosé Valiñas alcánzanse os 74.000 oíntes, o que supón un forte incremento de máis de 30.000 oíntes con respecto á anterior onda. O magacine dirixido por Kiko Novoa sube en 20.000 oíntes ata situarse nos 71.000.

O Pensando en ti dirixido por Marcial Mouzo alcanza os 36.000 oíntes desde a unha ás seis da mañá, o que supón unha suba de 3.000 oíntes con respecto á cifra de hai un ano. A edición de fin de semana tamén experimentou un incremento ata os 14.000 oíntes o sábado os 17.000 o domingo. Os programas temáticos que preceden ao Pensando en Ti de luns a venres, alcanzan a cifra dos 12.000 oíntes.

Mantéñense os datos de A tarde de Antón Rebollido, con 19.000 oíntes, os mesmos que na onda do EXM do mes de xuño e 10.000 máis que hai un ano nas mesmas datas. No plano deportivo, Zona mixta, de Carlos Alonso, suma 7.000 oíntes, e Ao contraataque, dirixido por Pedro Pablo Alonso, 21.000, o que supón unha suba con respecto a datos anteriores.

Os informativos consolídanse no último EXM do ano. Ademais do forte incremento do Galicia por Diante de Xosé Valiñas, mantense A crónica con Silvia Pereira, con 11.000 oíntes, A edición nocturna, dirixida por Celia Rúa, novo produto desta temporada, alcanza os 20.000 oíntes, con especial forza no faladoiro das dez da noite.

Na fin de semana, Galicia por diante fin de semana sitúase líder na edición dominical, con 51.000 oíntes, o que supón un incremento de 17.000 con respecto a hai un ano. O sábado o programa alcanza os 17.000 oíntes. O programa especializado en cine Sala 5 alcanza as 16.000 persoas no mediodía dos sábados.

O Galicia en goles de Xoán Galán chega a 12.000 persoas o sábado e 28.000 o domingo. Así mesmo, a edición matinal do domingo é seguida por 29.000 persoas. Os programas de humor Déitate e Como que non?, na medianoite de venres a domingo, consolidan as súas audiencias.

O Diario cultural da Radio Galega afianza o modelo lanzado hai un ano e alcanza os 46.000 impactos cada día de luns a venres e 12.000 na fin de semana.

TVG

A Televisión de Galicia acada unha cota do 14,3 por cento de luns a domingo, segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios. A canle pública destaca na faixa da sobremesa, na que é líder cun 18,6 por cento.

En este artículo

Iniciar conversación

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.